Icono1 Icono2 Icono3 Icono4
Escola Municipal de Música de Vigo
Escola Municipal de Música de Vigo
A Escola

PRESENTACIÓN

 

A Escola Municipal de Música de Vigo xurde pola necesidade social e a demanda de estudios musicais de orientación amateur e profesional na nosa cidade. Foi inaugurada o 22 de setembro de 1997 ca finalidade de formar na práctica musical a afeccionados de calquera idade, sen prexuízo da súa orientación a estudios profesionais, naqueles casos que teñan vocación e actitude. O Centro depende do Servizo de Educación do Concello de Vigo e xestionada, en réxime de contrato de servizos, por “Esmuvigo SCG"


Lei Orgánica 1/1990, do 3 de outubro, da ordenación xeral do sistema educativo (LOXSE), estableceu un cambio esencial para as ensinanzas artísticas. O artigo 39,5 desta lei establece que poderán cursarse en escolas específicas, sen limitación de idade, estudios de música que non conducirán á obtención de títulos con validez académica e profesional. A LOXSE regula estas dúas vías que están sustentadas en dous tipos de ofertas formativas distintas pero intimamente relacionadas entre si. O acceso dende estas escolas de música ós estudios profesionais que ofrecen os conservatorios poderán realizarse a través da superación das correspondentes probas de acceso ós distintos niveis.


Posteriormente a Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, da Educación (LOE). Deroga as Leis educativas anteriores e establece no seu Capitulo VI “Enseñanzas Artísticas”, Articulo 48 Organización, apartado 3 que “con independencia do establecido nos apartados anteriores poderán cursarse estudios de música ou danza que non conduzan a obtención de títulos con validez académica ou profesional en escolas específicas, con organización e estructura diferentes e sen limitación de idade. Estas escolas serán reguladas polas administracións educativas”.


A Orde do 11 de marzo de 1993 (DOG, 22 de abril de 1993), regula o desenvolvemento e define as finalidades, obxectivos, ensinanzas, e condicións para o funcionamento das escolas de música na Comunidade Autónoma de Galicia, sinala que estas deben adicarse a formación de afeccionados (ensino instrumental, música en grupo, ...). Recollese nesta Orde a especial responsabilidade das corporacións locais nesta materia.

 

 

ENSINO

 

A Escola Municipal de Música de Vigo cubre un amplo espazo educativo das ensinanzas municipais de musica e artes escénicas a través dos seus itinerarios formativos:


Música e Movemento
(de 4 a 7 anos)

A súa finalidade e o ensino musical cun tratamento pedagóxico específico, o descubrimento e desenvolvemento das capacidades expresivas, musicais e motrices que aporten unha base de cara a aprendizase na práctica instrumental.

 

Plan de estudios Xeral ( plan de estudios cunha visión xeral da música)


Instrumentista Básico (a partir dos 8 anos)

Itinerario de 3 anos de duración

Instrumentista Medio

Itinerario de 3 anos de duración.

Instrumentista Avanzado

Itinerario de 2 anos de duración.

 

Música Moderna


Instrumentista Medio

Itinerario de 3 anos de duración.

Instrumentista Avanzado

Itinerario de 2 anos de duración.
 


Instrumentista Profesional


Plan de Acceso ó Conservatorio orientado o alumnado que teña interese e aptitudes para acceder ós estudios profesionais.



For-Grup


Itinerario que contempla a formación instrumental ou vocal nas agrupacións do Centro.


As especialidades instrumentais ofrecidas polo centro son: frauta, clarinete, saxofón, trompa, trompeta, trombón, tuba, percusión, piano, guitarra, violín, viola, violonchelo e contrabaixo.

 

 

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

 

As actividades extraescolares están deseñadas para que o alumnado poida desenvolver as súas capacidades fora do contexto escolar, relacionarse con outros instrumentistas, coñecer a outros profesores, etc. Estas actividades poderán abranguer a totalidade do alumnado, con programas específicos para cada grupo de idade.


Entre outras actividades propostas están as seguintes: audicións, concertos e festivais (concertos fora do centro, concertos didácticos, festivais de nadal, entroido, primavera) e actividades non programadas (intercambios con outras escolas, encontros musicais) e actividades de divulgación.


Tamén son beneficiosos e motivadores os cursos de danzas, audición, análise, harmonía, improvisación, jazz, dirección etc, que posibilitan ampliar coñecementos e abrir as portas dun novo campo educativo.


Audicións

Con carácter xeral prográmanse trimestralmente audicións do alumnado segundo as especialidades instrumentais e as diversas agrupacións da escola no auditorio do centro e abertas ao público en xeral con capacidade ata cubrilo aforo. Estas audicións permiten o alumnado mostrar en público o seu aprendizaxe, e así mesmo son utilizadas como ferramenta de avaliación por parte do profesorado.


Concertos e festivais
Co propósito de fomentar a participación do alumnado en actividades culturais e presentar a cidade de Vigo as actividades desenvoltas no Centro prográmanse Concertos e festivais como Santa Cecilia, nadal, entroido, fin de curso, entre outros, abertos o público en xeral.


Actividades non programadas
Trátase de encontros e intercambios que crean relacións culturais e de convivencia entre o alumnado do propio centro ou outros centros, así como compartir vivencias musicais beneficiosas. Esta actividade dará a posibilidade de que o alumnado coñeza ensinanzas de técnica e interpretación de outros profesores. Os encontros tamén de realizan cas agrupacións do centro como banda de música, coro, orquestra sinfónica, etc. Ademais inclúense intercambios musicais con agrupacións de outras escolas.


Actividades de divulgación
A escola ofrecerá actividades didácticas semanais aos dentro de Vigo. Estas actividades estarán organizadas polo Servizo de Educación do Concello de Vigo.


Obradoiros
Anualmente programaranse diferentes obradorios para completar a oferta da Escola Municipal de Música de Vigo.

 

www.flickr.com

 


Escola Municipal de Música de Vigo · Camiño do Regueiro 1, 36211 Vigo · 986 410 785 · emmvigo(a)gmail.com | Aviso Legal | Créditos | Concello de Vigo