top of page

Actividades  

As actividades extraescolares están deseñadas para que o alumnado poida desenvolver as súas capacidades fóra do contexto escolar, relacionándose con outros instrumentistas, coñecer a outros profesores, etc. Estas actividades poderán abranguer a totalidade do alumnado, con programas específicos para cada grupo de idade.

Entre outras actividades propostas están as seguintes: audicións, concertos e festivais (concertos fóra do centro, concertos didácticos, festival de nadal, entroido, primavera...), actividades non programadas (intercambios con outras escolas, encontros musicais), e actividades de divulgación.

Tamén son beneficiosos e motivadores os cursos de danzas, audición, análise, harmonía, improvisación, jazz, dirección, etc, que posibilitan ampliar coñecementos e abrir portas dun novo campo educativo.

Audicións

Con carácter xeral programaranse trimestralmente audicións do alumnado segundo as especialidades instrumentais e as diversas agrupacións da escola no auditorio do centro e abertas ao público en xeral con capacidade ata completar o aforo. Estas audicións permiten ao alumnado mostrar en público a súa aprendizaxe, e ao mesmo tempo son utilizadas como ferramenta de avaliación por parte do profesorado.

Concertos e festivais

Co propósito de fomentar a participación do alumnado en actividades culturais e presentar á cidade de Vigo as actividades desenvoltas no centro, prográmanse Concertos e Festivais como: Santa Icía, Festival de Nadal, Festival de Entroido, Festival de Remate de Curso, entre outros. Abertos ao público en xeral.

Actividades non programadas

Trátase de encontros e intercambios que crean relacións culturais e de convivencia entre o alumnado do propio centro e outros centros, así como compartir vivencias musicais beneficiosas. 

portada 03
53.JPG

Cursos específicos

A escola de música oferta cada curso diferentes obradoiros  que abarcan diferentes áreas musicais dirixidas a:

    - alumnado da escola, co fin de completar a súa formación.

    - todas aquelas persoas, nenos e adultos,   con ou sen  formación musical previa, que queren acercarse á música  sen ser alumnado do centro.

 

Actividades de divulgación

Ao longo dunha semana, o profesorado da escola realiza uns concertos destinados a escolares cunha temática concreta.  Estes concertos didácticos configúranse como potentes accións educativas que permiten conectar ao alumno coa experiencia da música en vivo e ademais propician a creación de novo público máis crítico e participativo.

bottom of page