top of page

Plans de Estudos

Música e Movemento

22.jpg

Este ámbito formativo está dirixido exclusivamente aos alumnos de idades comprendidas entre os catro e sete anos. Co fin de introducir aos nenos no mundo da música a través do xogo, actividade rítmica e percepción auditiva desenvolveremos as súas  capacidades expresivas e musicais que lles permitan unha práctica gozosa en actividades de grupo.

Divídese en dous niveis: iniciación ( 4 -5 anos) e formación básica ( 6 -7 anos). 

máis info

Práctica Instrumental

Destinado a nenos e nenas maiores de oito anos e adultos/as, abrangue tres campos:

Instrumento: clase a tres

Canto - Clarinete - Frauta - Saxofón - Trompeta - Trompa - Trombón - Bombardino - Tuba - Violín - Viola - Violonchelo - Contrabaixo -  Piano - Teclado - Batería - Percusión - Baixo Eléctrico - Guitarra Eléctrica

Formación Musical Complementaria

Coñecemento dos conceptos teórico/prácticos necesarios que permitan unha valoración e comprensión do fenómeno artístico-musical nos seus múltiples aspectos teóricos, históricos, estéticos e sociais.

Actividades de Conxunto

Diversas formacións vocais e instrumentais que posibilitan a práctica en grupo e o desenvolvemento social do alumnado.

 

Así  mesmo, na formación instrumental desenvólvense os seguintes itinerarios:

23.jpg

Básico

Consta de tres anos de formación instrumental. Dirixido a alumnos a partir de 8 anos e adultos que se queren iniciar na práctica instrumental de forma afeccionada. 

portada 8

Medio

Consta de tres anos.  Dirixido a  alumnos que queren seguir desenrolando a súa formación instrumental.

Avanzado

Consta de dous anos. Dirixido a alumnos que queren profundar na súa formación instrumental ou orientar seu estudo  a unha formación profesional  e, se fora o caso a súa preparación  para o acceso ao conservatorio.

portada 14
portada01.jpg

Música Moderna

Consta de catro anos. Dirixido a alumnos que queren formarse e adquirir os coñecementos necesarios para desenvolverse nos diferentes estilos da música moderna.

For a Grup

Dirixido a aqueles alumnos que queren  facer práctica instrumental ou  vocal en grupo.

bottom of page